O Club Financiero de Santiago organiza para o próximo día 20 de setembro o segundo Foro de Transformación Digital. Nesta cita trataranse temas sobre tecnoloxías de mobilidade, telefonía de última xeración, innovación en banca e novos modelos empresariais.

Entre os relatores atópanse expertos da talla do director xeral do Mobile World Congress de Barcelona, Carlos Grau; o director de innovación do Banco de Santander; Manuel Cantalapiedra; o profesor de ESADE Ignacio Guitart; o director xeral de Montblanc Iberia, Francesc Carmona; o responsable da empresa Itelsis, Gerardo García; a vicerreitora de Comunicación da Universidade de Santiago, María del Mar Lorenzo; e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, que clausurará o evento.

O Foro de Transformación Digital desenvolverase na mañá do día 20. A entrada é libre, previa inscrición no mail info@clubfinancierodesantiago.com. O programa completo pode CONSULTARSE PICANDO AQUÍ.