A Fundación Santiago Centro, Área Comercial asinou un convenio para integrarse en ATA Galicia. Na sinatura de dito convenio estiveron presentes Rafael Granados, presidente de ATA Galicia, e José María Fernández, presidente da agrupación comercial do Ensanche compostelán.

No acto, que tivo lugar en Santiago, os representantes das dúas organizacións analizaron os principais problemas aos que se enfrontan os profesionais de Santiago de Compostela á hora de levar a cabo o seu día a día e as dificultades polas que atravesan no conxunto da provincia.

No marco deste acordo, as dúas organizacións porán en marcha actividades de forma conxunta que contribúan ao desenvolvemento das activades económicas dos comerciantes de Compostela. ATA, pola súa banda, representará e defenderá os dereitos dos socios da Fundación Santiago Centro ante as institucións públicas e privadas.

Rafael Granados, presidente de ATA Galicia, mostrouse moi satisfeito con esta unión que, entende, “reforzará á organización, que continúa sumando esforzos e compromisos cos autónomos galegos”.

José María Fernández expresou pola súa banda a satisfacción de Santiago Centro por este paso, que agarda “contribúa á dinamización comercial, económica, veciñal e social do Ensanche compostelán”.