Titular do Sitio Web

  • Denominación social: Fundación Santiago Centro, Área comercial
  • CIF: G15926496
  • Domicilio social: Rúa Xosé Chao Rego, 8. 15705 Santiago de Compostela
  • Teléfono: 981 555 920
  • Nome Comercial: Santiago Centro, Área Comercial
  • Enderezo de correo electrónico: info@santiagocentro.gal

 

I.- Política de privacidade e protección de datos persoais

Exercicio de Dereitos de Protección de Datos

Os usuarios poden dirixir unha comunicación por escrito ao domicilio social da Fundación SSantiago Centro, Área Comercial(en adiante Santiago Centro, Área Comercial) ou ao enderezo de correo electrónico indicado no encabezamento do presente aviso legal, incluíndo unha fotocopia de ambos casos o seu DNI ou outro documento de identificación semellante para solicitar o exercicio do dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Formas en que son recollidos os datos persoais. Finalidades do tratamento. Formularios de contacto e medios de comunicación tradicionais

Os datos persoais recollidos serán tratados automaticamente e incorporados os ficheiros correspondentes dos que é titular a Fundación Santiago Centro, Área Comercial. Chegaranos a súa IP, que será usada para comprobar a orixe da comunicación e detectar posibles irregularidades. Do mesmo xeito, poderá facilitarnos os seus datos a través do teléfono, correo electrónico e outros medios de comunicación indicados na sección de contacto. A finalidade do tratamento destes datos será unicamente a de prestarlle a información ou servizos que nos solicite.

Certos servizos prestados a través do sitio web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais. Faise indispensable a súa lectura e aceptación con carácter previo á solicitude do servizo de que se trate.

Obriga de Segredo e Confidencialidade

O persoal e voluntariado de Santiago Centro, Área Comercial, que tivese algún tipo de intervención nas accións prestadas aos usuarios está comprometido a non divulgar nin facer uso da información á que accedese en razón do seu posto. A información achegada polo usuario terá, en todo caso a consideración de confidencial, sen que poda ser tratada para outros fins que os relacionados con Santiago Centro, Área Comercial. Santiago Centro, Área Comercial comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos de forma confidencial e adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía.

Medidas de seguridade

Santiago Centro, Área Comercial adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais que legalmente se esixen, adoptou as medidas técnicas e organizativas esixidas polo Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e instalou todos os medios e medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos facilitados no Sitio Web.

Comunicacións comerciais por correo electrónico

En cumprimento do Art.21 LSSI-CE, que prohibe o envío de comunicacións comerciais por medio de correo electrónico que previamente non fosen autorizadas expresamente polos destinatarios.

II.- Propiedade industrial e intelectual

O acceso ao Site de Santiago Centro, Área Comercial é gratuíto. Todos os contidos, textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, links e demais contidos audiovisuais e/ou sonoros, así coma o seu deseño gráfico e códigos fonte, son propiedade intelectual de Santiago Centro, Área Comercial ou de terceiros, sen que poida entenderse cedido au Usuario ningún dereito de explotación recoñecido pola lexislación vixente.

As marcas, nomes comerciais e signos distintivos son titularidade de Santiago Centro, Área Comercial ou de terceiros, sen que poda entenderse que o acceso á páxina web santiagocentro.gal atribúe ningún dereito sobre os mesmos.

Queda prohibida a reprodución dos contidos do sitio web, salvo que se obteña autorización. Quedará en todo caso prohibido establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan o sitio web e permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de Internet distintos aos do sitio web e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos allegos ao sitio web.

Se vostede considera que lle corresponde calquera dereito sobre os contidos do sitio web, póñase en contacto con nós coa fin de que sexan eliminados.

 

III.- Responsabilidade polo contido do Sitio Web

O sitio web pode incluír inexactitudes ou erros que podan afectar á calidade dos materiais da páxina e que s refiren a situación xerais polo que o seu contido non pode ser aplicado nunca polo usuario a casos concretos. As opinións vertidas nos mesmos non reflicten necesariamente os puntos de vista de Santiago Centro, Área Comercial. O usuario non debe actuar sobre a base da información contida neste Sitio Web sen recorrer previamente á correspondente consulta co persoal de Santiago Centro, Área Comercial.

Santiago Centro, Área Comercial non verificou ou autentificou os materiais de forma individual, na súa totalidade ou en parte. Santiago Centro, Área Comercial non garante a exactitude ou vixencia dos materiais. Santiago Centro, Área Comercial non é responsable dos erros ou omisións nos materiais, xa sexan achegados por Santiago Centro, Área Comercial ou terceiras partes.

O Sitio Web e todos os contidos achéganse “tal cal”, e Santiago Centro, Área Comercial non é responsable de todas as representacións e garantías, expresas ou implícitas, relacionadas co sitio web ou o seu contido, incluíndo a comerciabilidade, indoneidade para un propósito en particular ou non violación, así como tamén calquera garantía de calidade, funcionalidade, exactitude, integridade, fiabilidade, operatividade, rendemento de uso ou ausencia de virus. Vostede asume calquera responsabilidade e risco de perda resultante do uso do Sitio Web. En ningún caso Santiago Centro, Área Comercial ou terceiras partes serán responsables de calquera dano, contractual, extracontractual ou de calquera xeito, incluíndo danos especiais, indirectos, consecuentes, accidentais ou punitivos, mesmo no caso de que Santiago Centro, Área Comercial fose avisado da posibilidade destes danos.

As ligazóns externas que contén este Sitio Web conducen a sitios xestionados por terceiros. Santiago Centro, Área Comercial non responde dos contidos nin do estado de ditos sitios. O uso de enlaces externos tampouco implica que Santiago Centro, Área Comercial recomende ou aprobe os contidos das páxinas de destino.

 

IV.- Normativa e xurisdición

O presente aviso legal foi elaborado en conformidade co establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 1571999, e cantas disposicións legais resulten de aplicación.

As presentes Condicións de Uso do Sitio Web réxense en todos e cada un dos seus extremos pola lei española. Este aviso legal non se arquivará individualmente para cada usuario senón que permanecerá accesible por medio de Internet neste mesmo sitio web.

Sempre que o Usuario non sexa “consumidor ou usuario” conforme os define a normativa española, e cando non haxa unha norma que obrigue a outra cousa, as partes acordan someterse aos xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, por ser ese o lugar de celebración do contrato, con renuncia expresa a calquera outra xurisdicción que puidese corresponderlles.

 

V.- Modificación da Política de Privacidade

O titular deste sitio web resérvase o dereito no futuro de modificar a súa política de protección de datos de acordo co seu criterio, sempre axustándose á normativa vixente, así como a modificala atendendo aos cambios lexislativos, xurisprudenciais ou na práctica empresarial. En caso de introducir algún tipo de modificación farase constar no texto deste aviso legal.