O Sábado das Flores levou á Praza Roxa un mercado de flores con cinco postos de florerías; e unha zona de actividades infantís na que os máis cativos puideron plantar sementes de margarida, decorar os sementeiros e outras actividades relacionadas coas flores. A Fundación Santiago Centro obsequiou tanto aos participantes nas actividades como aos que se achegaron ao mercado con bonos gratuítos para unha consumición nos establecementos hostaleiros asociados.