O Mercado Compostela Eco&Art celebrouse en seis datas da primavera de 2018 na Praza Roxa de Compostela cos mellores produtos ecolóxicos, certificados todos eles polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) ou organismos similares. O evento, organizado por Santiago Centro, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (APEGA) e a asociación Nonéomesmo, ofreceu tamén postos de artesanía de autor de creadores radicados en Santiago e bisbarra, sesións de música e baile, e un posto de polbo para as horas do xantar.