Achégase a data ideal para facer un regalo a quen máis se quere. O próximo mércores 14 de febreiro celébrase o San Valentín, a data para agasallar a aqueles polos que se sente aprezo verdadeiro.

Os comercios de Santiago Centro, Área Comercial, súmanse con ofertas especiais e decoracións alusivas a esta data, que comezou a celebrarse nos países anglosaxóns no século XVIII e agora está plenamente enraizada na tradición.