Pasearte achegou a creación contemporánea ao público coa exposición de obras contemporáneas en 85 escaparates do Ensanche de Santiago e diversas accións complementarias (foros, encontros con artistas, visitas e intervencións artísticas en vivo en escaparates e árbores). Promoveuna Santiago coa colaboración das galerías Trinta, Luisa Pita, Federica no era tonta y Metro, co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, o Grupo Ulla Oil, Quatrium Inmobiliaria e Taller de Marcos.