O Outlet solidario convocado por Santiago Centro no pasado mes de novembro logrou reunir preto de 1.000 euros para as actividades das tres organizacións non gubernamentais involucradas. As achegas tanto dos comerciantes que participaron no evento como dos visitantes fixeron posible o éxito desta iniciativa.

Os comercios do Outlet cederon parte das vendas a Down Compostela, Alfa-1 España e Asanog. Esta cantidade completouse coa feita polas persoas que participaron na actividade 200 billóns de estrelas, doando un euro por cada estrela colgada no firmamento solidario instalado na Cidade da Cultura, lugar de celebración do evento.

O Outlet Santiago Centro levouse a cabo entre os días 18 e 20 de novembro no Edificio Cinc do Gaiás, coa participación dos comercios do Ensanche El Nonno, Cultura Urbana, Dana, Calzados Pachi, Las Cosas de Mamá Lara, Dulce Calvo, Actuality, Kids&Us, Patucos, Teté Niños, Sarto e Joyería Jael; e os concesionarios e empresas de venda de vehículos novos e usados Grupo Brea (SEAT Brea Motor, Skoda Brea Automoción, Fiat BreaCar); Grupo Breogán Auto Ocasión e Breogán Lexus; Nissan – Renault Grupo Caeiro; e Autos Milladoiro.