Coincidindo coas festividades de xullo, Santiago Centro ofreceu a posibilidade de ver a cidade dun xeito distinto, desde unha altura distinta: a vista de globo, unha actividade única. O globo cautivo subiu desde o Parque de Galeras, ao lado do Campo de Fútbol de Santa Isabel. Atado ó chan mediante cordas, elevouse ata 20 metros para que os pasaxeiros gozasen dunha panorámica diferente de Compostela.

Nenos, mozos e adultos puideron subir levando unha invitación que todos os establecementos adheridos a Santiago Centro distribuíron gratuitamente entre os seus clientes.

globo