O footfall é un indicador tecnolóxico clave no sector retail para a toma de decisións e a optimización de procesos de compra. Este termo inglés, traducido como pegada, mide o número de persoas transeúntes diante de cada tenda nun período de tempo determinado.
Os datos de localización exactos son un requisito imprescindible no footfall. Os provedores deste tipo de tecnoloxías han de integrarse cos fabricantes de aplicacións para xerar datos de localización precisa, a través de diferentes tecnoloxías como GPS, WIFI, Bluetooth. Para medir e entender a afluencia de clientes é necesario dispoñer dunha fonte fiable que analice os datos procedentes dos smartphones e posibles datos recompilados das visitas reais ás tendas físicas. Dispoñer de ferramentas ou técnicas fiables que contabilicen e profunden as pisadas (footfall) faise máis que ineludible. Os restaurantes, cafeterías, tendas de comestibles ou marcas de roupa son algúns dos principais retailers que manexan esta tecnoloxía para medir con precisión o crecemento das súas vendas.
Vímolo en: https://forbes.es/opinion/93151/el-futuro-del-retail-pasa-por-el-footfall/