A Fundación Santiago Centro, Área Comercial, celebrou o sábado, día 23 de outubro, a súa Festa Infantil de Outono, coa organización de actividades para os nenos, mentres os seus pais realizan as compras. Pallasos, globoflexia, manualidades, informática, obradoiros de outono e merenda foron as actividades programadas por cortesía dos establecementos asociados de Santiago Centro.

A Festa celebrouse no Patio cuberto do Eirado, no número 20 de Xeneral Pardiñas.

festa-infantil-de-outono-2004