O Real Aeroclub de Santiago organiza para abril unha viaxe para esquiar en Soldeu el Tarter (Andorra). A actividade levarase a cabo entre os días 7 e 14 de abril, e nela poden participar tanto adultos coma nenos de máis de 10 anos, acompañados polos seus familiares ou por monitores postos á súa disposición polo clube.
O día 14 ás 20.30 horas celébrase unha reunión informativa nas instalacións do Aeroclub en Xeneral Pardiñas, e a data límite de inscrición é o 20 de marzo. Os prezos e detalles da actividade, que se realiza a través da axencia Viajes Sierra, poden consultarse picando aquí.