Santiago Centro celebrou en abril, en pleno confinamento, o ciclo de sesións en liña Covid-19 Comercio en Crise, que podemos esperar?, para abordar o futuro máis inmediato do comercio retallista e proporcionar aos comerciantes información que lles axude a adoptar as mellores decisións posibles, nunha contorna certamente impredicible. No ciclo abordáronse cuestións como as posibilidades para soportar o peche e descenso da actividade comercial; os plans de reactivación económica do Concello de Santiago; a reapertura do comercio retallista e que medidas de hixiene sanitaria. O mércores 29 celebrouse a primeira das sesións, Con que armas contamos para poder manter os negocios ata a recuperación da actividade, coa participación de Roberto Pereira, experto asesor de empresas e presidente do Club Financeiro de Santiago. O xoves 30 contouse coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, para a sesión En clave local: programa de reactivación económica do Concello de Santiago.