Xa podes descargar da web de Santiago Centro a Guía Virtual, na que se reúnen, nun mesmo documento, todos os datos que precisas coñecer dos nosos establecementos. Cun formato claro e interactivo, a Guía permite consultar rapidamente o mellor da oferta comercial do Ensanche compostelán.

O directorio clasifica en pequenas fichas de fácil consulta os máis de 60 establecementos asociados a Santiago Centro. Dentro de cada apartado pode accederse a enderezos, contactos e canles de comunicación por internet e redes sociais de cada un dos socios. Alimentación, saúde e beleza, moda, calzado, xoguetes, hostalería, electrónica, deportes, xoiaría… Todos os sectores involucrados no proxecto colectivo do Centro Comercial Aberto do Ensanche están incluídos na Guía Virtual, impulsada por Santiago Centro coa colaboración do Concello de Santiago.

A intención da Fundación é proporcionar aos clientes unha ferramenta máis para conectar co comercio de proximidade. En tempos nos que saír á rúa se fai máis complicado, este tipo de iniciativas resultan necesarias para manter vivo un tecido comercial que é fundamental para a pervivencia da vida cidadá tal e como a coñecemos.

DESCARGA AQUÍ A GUÍA VIRTUAL DE SANTIAGO CENTRO