Se na tarde do 31 de outubro se ven zombis paseando polas rúas do Ensanche, non hai que ter medo. Serán os nenos participantes no Halloween do Real Aeroclub de Santiago de Compostela, no que colaboramos. Acompañados de monitores, os rapaces terán que buscar pistas nos comercios da rúa Xeneral Pardiñas para conseguir resolver un misterio.
Santiago Centro colabora con esta iniciativa, unha forma de promover o contacto entre comerciantes e novas xeracións. Máis de 50 nenos a partirdos 8 anos participan na iniciativa, acompañados en todo momento por monitores, entre as 18 e as 20 horas. Pais e nais poderán tomar un aperitivo mentres agardan polos pequenos.