O centro comercial aberto do Ensanche premiou a fidelidade dos seus clientes con máis de 150 agasallos. Co inicio da campaña de primavera-verán os composteláns que mercasen nos establecementos do ensanche puideron acceder a premios inmediatos e a agasallos especiais por sorteo. Os agasallos directos conséguense coa Carta Santiago Centro, unha tarxeta da que se distribuíron 25.000 exemplares nas tendas e establecementos hostaleiros do ensanche.