O centro de estudos Kids&Us está a organizar para esta semana Santa unha serie de actividades para fomentar a compra no comercio local así como a aprendizaxe do inglés dunha maneira divertida.

 

Eggcitement Gymkana consiste nun xogo no que os participantes terán que selar a súa tarxeta Kids&Us en cada un dos cinco comercios colaboradores, e levala de volta ao centro de estudos antes do 26 de marzo para recoller o seu Mini Ovo de Pascua e facerse unha foto con Bunny. Ademais, por cada compra os participantes entrarán no sorteo dun vale de 20€ para consumir nun dos comercios colaboradores.

Easter Little Chef consiste nun taller de cociña en inglés e terá lugar o venres 12 de marzo.

Easter Crafts é un taller de manualidades en inglés, exclusivo para os 12 primeiros da Eggcitement Gymkana, que terá lugar o venres 26 de marzo.

Easter Funweek é un campamento urbano que terá lugar do 29 ao 31 de marzo. Para máis información e inscricións, pica aquí.