Prima 24 encherá de cor e de oportunidades un ano máis o comercio local. Os días 14 e 15 de xuño, os establecementos composteláns asociados a Santiago Centro cubriranse de globos e decoración colorida para celebrar o bo tempo cunha grande oferta de produtos en outlet organizado polo centro comercial aberto do Ensanche, con motivo de PRIMA24, a festa do comercio santiagués.
PRIMA24, organizada pola área de comercio do Concello de Santiago, inclúe actividades para nenos, espectáculos, unha exhibición de ourivería e, por suposto, grandes descontos para todos aqueles que percorran as rúas da cidade para facer as súas compras. Unha oportunidade única para atopar todo tipo de artigos: roupa, calzado, beleza, óptica ou electrodomésticos. Coa súa compra, os clientes obterán papeletas para a ruleta dos agasallos Eu merco aquí, que entrega agasallos na praza Roxa.
Santiago Centro toma parte nesta campaña coa organización do outlet, que leva a cabo en colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.