Santiago Centro vén de convocar un concurso de decoración de escaparates con motivos de outono entre o comercio asociado do Ensanche de Santiago co que repartirá tres premios (500€, 300€ e 200€) entre o público que participe na votación do seu escaparate favorito. Esta acción está vinculada á app que lanzou a asociación, Santiago Centro Vip, e que conta xa con máis de 200 usuarios e máis de 20 establecementos de diversa tipoloxía adheridos. Os gañadores dos premios recibirán a cantidade en forma de saldo na súa app, a canxear nestes comercios rexistrados na aplicación antes do 31 de outubro. Esta campaña realízase co apoio do Concello de Santiago, a Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia.
O proceso de votación realízase a través da páxina de Facebook de Santiago Centro durante un período que vai do 18 ao 25 de outubro. Bastará con darlle un “me gusta” a unha única foto das que se mostran, seleccionadas pola asociación, para que contabilice como voto. Pero para poder acceder ao sorteo que se levará a cabo entre todos os votantes hai que cumprir ademais estes requisitos: seguir a páxina, nomear a outra persoa usuaria de Facebook nos comentarios e compartir a fotografía votada no seu perfil.
O 26 de outubro coñeceremos aos tres afortunadas que terán nas súas mans, ou neste caso no seu móbil, un agasallo para gastar no comercio do Ensanche antes do día 2 de novembro.
Tes toda a información detallada nas bases do concurso, que podes descargar AQUÍ