A era dixital pode destruír emprego, pero tamén xera novas oportunidades. O Foro Económico Mundial previu o ano pasado que en 2022, fronte aos 75 millóns de empregos que poderían desaparecer no mundo, poderíanse crear outros 133 millóns. Recordando estas cifras, o informe Technology with Purpose pon de relevo a necesidade de que os traballadores se impliquen nunha dinámica de “aprendizaxe permanente” para adaptarse rapidamente á “dinámica cambiante” do lugar de traballo.
Pero a formación dos empregados en cuestións dixitais aínda está lonxe de ser común. O estudo advirte, citando datos da OCDE, de que en España o 32% dos traballadores por conta propia, o 45% dos traballadores temporais e o 56% dos empregados fixos e a tempo completo participan nun programa de formación. E sostén que as empresas que conducen a automatización “poden axudar a mitigar os impactos negativos” se invisten en “programas e oportunidades para desenvolver novas habilidades”.
Vímolo en: https://retina.elpais.com/retina/2019/07/02/tendencia/1562062119_351000.html