Santiago Centro segue sumando forzas entre o comercio do Ensanche. Federópticos Pontecastro súmase ao Centro Comercial Aberto achegando toda a súa experiencia no ámbito da saúde visual. Estilo e comodidade súmanse a prezos imbatibles neste establecemento de óptica con 14 anos de traxectoria no corazón de Compostela. O seu responsable, Brais Neiro, fálanos do establecemento.

 

En que ano abriu o teu establecemento, e canto tempo leva no Ensanche de Compostela? 

O noso centro ten preto de 14 anos de traxectoria profesional. Hai catro anos que formamos parte da familia Federópticos, grupo líder en saúde visual dentro do óptico, co obxectivo de crecer, mellorar e seguir ofrecendo día a día os nosos clientes o mellor para os seus ollos. 

Cal consideras que é o voso produto estrela? Tedes algunhas marcas, servizos… destacadas, ou mesmo exclusivas? 

O noso trato, servicio e atención personalizada que ofrecemos aos nosos pacientes. 

Cal é o segredo dunhas boas gafas: o prezo, o deseño, a calidade na feitura…? 

O auténtico segredo está nunha completa revisión optométrica, na cal detectamos os problemas e necesidades visuais dos nosos pacientes, ofrecendo a solución visual que mellor se adapta ao seu estilo de vida. 

Que estilos de gafa están máis de moda, e cales non caducan nunca? 

No noso centro poderás atopar as marcas máis representativas do mercado, desde modelos que ofrecen estilos atemporais a outros máis atrevidos e de tendencia actual, ademais dunha ampla variedade de produto propio e de calidade, contando sempre co noso asesoramento sobre cal é o estilo de gafa que mellor se adapta os teus gustos e personalidade. 

A pregunta do millón nestes últimos meses: como facemos para que non se nos cubran de bafo cando levamos máscara? 

Dispoñemos das “Gamuzas Anti-Vaho Premium”, recoñecidas polos consumidores como o produto anti bafo máis eficaz do mercado. 

Cales son as vantaxes do comercio local sobre outros maneiras de comprar? 

Damos aos nosos clientes un trato máis próximo e familiar, ofrecendo unha experiencia de compra máis satisfactoria e de calidade. 

Que é o que máis vos gusta do Ensanche de Compostela, e que cousas cambiariades? 

O Ensanche e a súa actividade forman parte da vida e do encanto de Compostela xunto co turismo e os estudantes. Medidas e facilidades de aparcamento poden axudar a dinamizar o comercio.