As pequenas empresas invisten pouco en ferramentas tecnolóxicas, o que provoca unha gran fenda dixital neste sector. Isto significa que non poden competir nivel tecnolóxico, pero si poden competir en calidade, autenticidade, proximidade e servizo. Para iso, hai que facer que o cliente perciba a proximidade física nos medios en liña e facerlle ver que están a mercar nun lugar diferente e único. Ten que facer sentir a proximidade do negocio
a pesar de estar nunha relación a distancia. Ademais, hai que ter en conta que o cliente ten poder e é moito máis esixente, polo que haberá que satisfacer mellor as súas necesidades.

Vímolo en: https://portalcomunicacion.uah.es/diario-digital/entrevista/dos-profesores-de-la-uah-analizan-como-la-pandemia-esta-afectando-a-la-digitalizacion-del-comercio-minorista.html