Mercar no comercio local ten moitas vantaxes. Ademais dun servizo próximo e personalizado e unha ampla variedade de produtos, tamén podes aparcar de balde. As túas compras non teñen porque ter un gasto engadido. Se vés en coche, facémosche sitio.

Como? Seguindo estes pasos:

· Busca o distintivo azul nos establecementos do ensanche compostelá e non dubides en preguntar no comercio cales son as condicións.
· Coa túa compra recibirás un tícket de parking gratuíto.
· Podes usar un máximo de tres tíckets cada vez que estaciones o teu vehículo.

Cada vez hai máis comercios que participan nesta iniciativa da Fundación Santiago Centro e a concellaría de Comercio do Concello de Santiago.