Unha das mellores coleccións de libros infantís de Galicia está no Ensanche. A Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela reúne, en pleno Centro Social e Xuvenil do Ensanche, máis de 20.000 libros escollidos ao longo dos anos, non en van é a biblioteca para público mozo máis antiga de España.

Despois de se mudar da súa sede orixinal na rúa Nova, no casco vello, a Biblioteca Afundación (antes Nova 33) continuou facendo medrar o tamaño dos seus estantes. A colección ten a gala contar con toda (toda!) a produción de literatura infantil e xuvenil publicada en galego ata o momento, e céntrase en creacións para nenos de nenas dos 4 aos 18 anos.

biblioteca

A biblioteca ten varios espazos, segundo niveis de lectura, e organiza semanalmente actividades de animación á lectura. É unha alternativa fantástica, chova ou faga sol.