A última xornada da Liga de Noveles Óptica Tábora 2017 celébrase este domingo no Real Aeroclub de Santiago. A proba, na que colaboran dúas entidades socias de Santiago Centro, reúne a xogadores e xogadoras sen experiencia en torneos.
Esta proba dispútase na modalidade de stableford, e nela participan tanto principiantes maiores de idade coma socios do Aeroclub e alumnos da Escola de Golf. Para celebralo, Óptica Tábora ofrece un desconto do 25% a todos os socios do Aeroclub durante o mes de xuño.
Máis información na web do Real Aeroclub de Santiago.