A Praza Roxa acolle desde mañá sábado 3 e ata o día 20 o mercado Compostela Art 2017. A mostra reúne a expositores do sector do regalo e dos obxectos singulares, e estará aberta en horario ininterrompido de 11 a 22 horas.
Na súa segunda edición, Compostela Art pretende ser un novo elemento dinamizador do Ensanche neste tramo final da primavera. O mercado celébrase nunha estrutura pechada na Praza Roxa, onte toda o relevo ao Mercado Eco, celebrado con gran éxito entre os días 25 e 28 de maio. En Compostela Art poderanse atopar obxectos singulares e artigos de regalo de diversas procedencias, desde bixutería a complementos, material artístico, lámparas, produtos gourmet, minerais ou fósiles.