Máis da metade dos españois empezou a comprar en comercios locais a raíz da pandemia. Un recente estudo elaborado por Facebook en colaboración con Deloitte sinalou os cambios máis importantes nos hábitos de consumo do noso país tras a pandemia. O punto central é o papel da tecnoloxía e as ferramentas dixitais na relación entre consumidores e empresas. Os resultados apuntan a un importante crecemento do consumo online; aínda que, tamén, a unha maior preocupación polos comercios locais.