A empresa sevillana Recever & Pushever lanzou un novo sistema de tickets e facturas dixitais mediante código QR que permite envialos directamente ao móbil. Trátase dunha app dispoñible para iOs e Androis, e permite gardar todos os tickets de compra e facturas no teléfono móbil eliminando da carteira os tickets en papel. Para descargar o ticket no smartphone o usuario ten que achegar o seu teléfono móbil e mostrar o seu código QR – Recever, xa que emparella cada usuario cun único código QR.