En xeral, a sensación é agridoce. As rebaixas funcionan e atraen clientes, pero non o suficiente. Se se amplía o foco ao conxunto do país, o 2022 é un ano de recuperación, tras dous anos marcados polas restricións sanitarias. Con esa premisa, a consultora TC Group Solutions sinala nun informe recente que o número de compradores que foron de tendas en España no primeiro semestre deste ano foi un 17,2 % superior ao do mesmo período do 2021. Se se atende só ao primeiro mes das rebaixas de verán, o tráfico de clientes creceu un 14,8 %.