Santiago Centro organizou para os días 9, 10 e 11 de novembro de 2020 un ciclo de sesións en liña aberto aos comerciantes no que se explicaron tres utilidades tecnolóxicas de fácil e inmediato desenvolvemento para o sector. Innovación en escaparates, venda en internet a través da web Outletsantiago.gal e Whatsapp Business serán os temas que centrarán os webinars.