A exposición Brisa de Vilanos chega ao seu fin coa presentación do catálogo da mostra na Galería Metro o venres 23 de outubro ás 19h. Brisa de Vilanos é un percorrido polo traballo máis recente de David Catá (Viveiro, 1988). Fotografías e pinturas impregnadas desa poética tan singular que envolve o universo simbólico deste creador.Brisa de Vilanos indaga sobre o impacto do paso do tempo na nosa memoria e na nosa existencia. E faino a través de imaxes que nos invitan a desfrutar dun xogo visual no que o vilán (semente do dente de león) convertese en metáfora da fraxilidade e fugacidade do paso do tempo, dun tempo que levanta o voo de entre as mans e que viaxa, como os soños, ao son do vento cara horizontes lonxe, implicándonos emocionalmente nunha confrontación existencial sobre do discorrer da vida cotidia e a incerteza dun futuro descoñecido. A pesar da súa xuventude, David Catá posiciónase como un dos artistas galegos con maior proxección. Foi recoñecido con numerosos premios e seleccionado en importantes concursos nacionais e internacionais. Os seus traballos foron expostos en Camboya, México, Perú, Chile, Brasil, Alemania, Estados Unidos ou Portugal e están presentes en recoñecidas coleccións públicas e privadas. VER EXPOSICIÓN PICANDO AQUÍ