A última incorporación ao centro comercial aberto do Ensanche é N de Nube, un establecemento de roupa e complementos para muller nos que se combinan estilo e practicidade. Nacida en Ourense hai dez anos, a firma conta con tres tendas en Galicia e, desde o pasado mes de abril, mostra as súas propostas na rúa Montero Ríos compostelá.
N de Nube abriu a primeira tenda en Ourense en 2014 e dende entón atópase en pleno proceso de crecemento e de expansión en Galicia. Despois do punto de venda inicial en Ourense, abriron unha máis en Lugo e en Santiago. A firma aposta tamén pola canle online a través da web www.ndenube.com.
En N de Nube poden atoparse produtos de moda e complementos femininos. No verán, os máis demandados son básicos e os vestidos elaborados con tecidos sostibles como o algodón. No inverno funciona moi ben un modelo de chuvasqueiro moi acaído para cidades chuviosas como Santiago, porque xunta un deseño moi atractivo coa practicidade: non pesa nin ocupa nada e é impermeable.
Para a responsable de N de Nube en Santiago, o Ensanche é un lugar perfecto para as compras, “un espazo no que non se bota en falta ningún sector”. É, ademais, o barrio ideal para botar a andar un proxecto de comercio local, unha actividade que incide positivamente na economía local e que “xera emprego directo: no noso caso somos 14 compañeiras galegas”.