Jael Joyería, asociado de Santiago Centro, Área Comercial, presentou onte no Real Aeroclub o reloxo Suunto Spartan Ultra Copper, unha peza de altas prestacións deportivas que casa moi ben cun look urbano e co día a día. O reloxo conta con pulsómetro, altímetro, GPS e todas as prestacións que fixeron da marca finesa unha das máis aprezadas polos deportistas de alto nivel e afeccionados do mundo.
No evento, Jael homenaxeou ao ciclista Álex Paz e ao entrenador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández, aos que entregou un reloxo Suunto como mostra de gratitude polo seu traballo no deporte de base.