Todos atravesamos como mellor puidemos a experiencia do confinamento, do que aínda estamos saíndo. A Galería Metro inaugura mañá, venres 5 de xuño, unha exposición na que os seus artistas o expresan a través de obras que van da pintura á escultura ou a fotografía.
Integran a exposición creacións nomes ben coñecidos no mundo da arte galega, moitos deles participantes na Mostra de Arte Contemporánea nos Escaparates de Santiago Centro, Pasearte. Ata o mes de setembro poderá gozarse coas obras de Ana Pérez Ventura, Sebas Anxo, Santi Jiménez, Lúa Gándara, Xavier Cuiñas, Xaquín Chaves, Lito Portela, Nazo Zubelzu, Haya Blanco, Marc Quintana, Olmo Blanco, Paula Vincenti, David Catá, Alina Granados, Emilio Mariño, Ana Gil Rodríguez, Javier Cabo, Federico Granell, Little e Sheila Pazos.