Despertando a la vida é o título da mostra de Santi Jiménez que ofrece a Galería Metro. Esta exposición está formada por trece pezas que interactúan entre si nun xogo cromático que enfronta a escuridade con a luz, o negro co branco.
Desde a pura poesía visual, Santi Jiménez consegue deixarnos fascinados pola súa calidade e fainos entrar nun universo de inquedanzas filosóficas. Pódese gozar desta fantástica exposición sen saír de casa. Só é preciso un dispositivo a través do que o visitante poderá moverse por toda a sala. Acceso clicando neste enlace.