A Rede de Centros Socioculturais xunto co Departamento de Comercio do Concello de Santiago desenvolven a primera edición do proxecto “O Museo Máis Pequeno da Cidade”. Este proxecto municipal consiste na exposición de pequenas obras artísticas cun tamaño de 13×13 cm nos escaparates dos establecementos de toda a cidade, do 16 de maio ao 14 de xullo. As obras consistirán en traballos inéditos realizados pola propia veciñanza da cidade.
Para participar como establecemento colaborador nesta actividade e acoller unha destas obras tedes que solicitalo no mail ccpreinscricions@santiagodecompostela.gal facilitando os seguintes datos:
* Nome e apelidos ou razón social d@ titular do establecemento.
* Nome comercial do negocio
* Enderezo postal
* Persoa e teléfono de contacto.
Información sobre a actividade http://comercio.santiagodecompostela.gal/novas.php?idioma=gl&id=22317&sec=2