Fundada en 1994, Proinf encárgase da venda e reparación de ordenadores e redes desde o seu establecemento na rúa República de El Salvador. Desde entón viviron unha explosión tecnolóxica sen igual, que levou, en palabras dos seus responsables, Ángel e Javier, a que “todo tipo de usuarios teñan acceso a unidades moitísimo máis potentes e reducidas que aquelas dos nosos inicios”. “Máis que un cambio tecnolóxico, cambiou o uso que se lle dá a día de hoxe á tecnoloxía”.
“Proinf é un negocio que comezou con moita ilusión e esforzo”, contan, “que permanece fiel aos seus clientes do Ensanche. Vinte e tres anos despois seguimos coa mesma forza e ilusión que o primeiro día, e a actual xerencia da empresa mantén ese espírito d e traballo vivo”.
A firma dedícase fundamentalmente á venda e repación de PCs e portátiles e á instalación de redes e o seu mantemento. Contan cun groso de clientes no Ensanche de Compostela, onde “compartimos a vida cos veciños e as tendas, para o bo e para o malo. Ese trato é próximo e case familiar”. Esta proximidade favorece a rapidez á hora de solucionar problemas: “No noso caso é fundamental dar solucións rápidas aos problemas dos clientes e empresas que nos confiaron o mantemento e coidado dos seus equipos, e que nos piden asesoramento nas súas compras, dúbidas ou necesidades tecnolóxicas”.