O Real Aeroclub de Santiago anima aos golfistas que visiten o seu campo en Ames a participar nunha iniciativa ben curiosa coa que, ademais, se pode gañar unha viaxe a Escocia para dúas persoas. En colaboración coa empresa CHC Energía reta aos deportistas a introducir unha bola no centro da illa artificial que colocaron no lago da súas instalacións, como se pode ver na imaxe. Poden participar desde este domingo e ata o final do ano todos os xogadores amateur federados maiores de idade que adquiriran un grand fee.
No marco deste reto, CHC Enerxía ofrécese a facer aos socios do Aeroclub un estudo gratuito sobre o consumo enerxético tanto das súas vivendas coma dos seus negocios.