Despois do parón por causa do coronavirus, é hora de saír do tobo, e o verán é a mellor época para facelo. Varios negocios do Ensanche de Compostela retoman as súas actividades, cursos e campamentos ofrecen xa a posibilidade de reservar praza para pasar o estío a tope.
Se o que buscas é mellorar a túa competencia en inglés, tanto Kids&Us como El Centro Británico teñen opcións ben atractivas. No caso de Kids&Us reactívanse as súas Summer Fun Weeks para nenos e nenas de 3 a 10 anos. Sen saír do centro educativo, situado na rúa Rosalía de Castro, a rapazada poderá explorar o antigo Exipto, visitar Australia, Xapón ou Escocia ou mesmo esculcar o ceo para atopar extraterrestres. Quen sabe? No Ensanche de Santiago todo é posible. Para máis información e reservas podes PICAR NESTE ENLACE.
Para os que desexen aproveitar o verán para mellorar o seu inglés, El Centro Británico propón os cursos online Exam Training. Con eles poden prepararse nun mes os exames de Cambridge Assessment English: Preliminary B1, First B2, Advanced C1 e Proficiency C2. Pódese estudar para estes prestixiosos títulos a través dunha plataforma con contidos e exercicios reais, ademais de manter contacto directo cos docentes a través de clases virtuais e prácticas, webinars e titorías persoais. Existen tres modalidades de curso, o Basic, o Pro e o Premium, dependendo das necesidades de cada estudante. Pódese obter máis información CONTACTANDO CON EL CENTRO BRITÁNICO.
Se prefires alternativas deportivas, o Real Aeroclub de Santiago reiniciou a súa actividade nas instalacións que posúe en Ames. Con todas as precaucións posibles, volve ofrecer cursos de tenis, golf ou padel, e abriu as piscinas con normas específicas para a súa utilización, como a cita previa. Os detalles e as novas normas para reforzar a hixiene nas pistas poden consultarse PREMENDO AQUÍ.