Desde 2017 o Ensanche de Compostela acolle as instalacións de Tanatos Formación, unha empresa fundada por unha galega en Madrid que agora se expande por toda España. A academia imparte cursos de tanatopraxia, protocolo funerario ou autopsias, coñecementos que, segundo a responsable do centro en Santiago, Cristina Andión, teñen moito futuro laboral.
¿Canto tempo leva Tanatos Formación en Santiago?
Tanatos Formación leva funcionando en Santiago dende o ano 2017. A traxectoria da empresa comeza en Madrid fai aproximadamente 10 anos, cando María Jesús Andión decide emprender o proxecto tras recoñecer as carencias existentes no sector funerario en canto á formación. Tras a boa acollida, decide levar o seu proxecto a súa comunidade natal, decidíndose pola capital. Apenas un ano máis tarde volve a embarcarse para estenderse ao resto de España, esta vez desde Andalucía, donde actualmente conta con delegacións en Sevilla e Málaga. Tanatos Formación continúa expandindo o seu marabilloso proxecto.
¿Canto tempo levades no Ensanche de Compostela?
Decidímonos polo Ensanche de Santiago dende o primeiro momento. Actualmente temos o noso centro de formación na Rúa de San Pedro de Mezonzo, 7.
¿Por que vos gusta o Ensanche?
Gústanos o Ensanche de Santiago porque é un lugar céntrico, ben comunicado e cheo de xente nova.
¿Qué tipo de servizos ofrecedes no centro?
En Tanatos Formación ofrecemos formación integral para o sector funerario. Estamos homologados pola Xunta de Galicia para impartir o Certificado de
Profesionalidade de Atención ao Cliente e Organización de Actos de protocolo funerario. Ademais, estamos certificados pola Fundación General da Universidad
Complutense de Madrid para impartir os cursos de formación para o Certificado en Tanatopraxia, Operario de Cremación, Auxiliar de Autopsias, Cursos prácticos de suturas, etc.
¿Cales son os servizos e cursos máis demandados?
Sen lugar a dúbidas, os cursos máis demandados son os que teñen que ver co tratamento dos corpos. A preparación do cerficado de profesionalidade en Tanatopraxia e o curso de Atención ao Cliente e Organización de Actos de protocolo funerario, para o que estamos homologados. O curso de auxiliar de autopsias tamé é moi demandado polos nosos alumnos.
¿A qué tipo de estudantes está dirixida a formación que impartides? ¿Que saídas profesionais ten?
A formación está dirixida a todas as persoas que queiran pertencer a este sector, independentemente da formación académica e da idade que teñan. Os nosos docentes adáptanse a todos os niveis. Tras a formación, as posibilidades de incorporarse ao mercado laboral son moi amplas. Os nosos alumnos poden acceder a traballar en funerarias e tanatorios, institutos de medicina legal, bancos de doazón de órganos e tecidos, centros xeriáticos e outras empresas.
¿Crees que o comercio de proximidade é importante para as ciudades?
Por suposto, o trato persoal e próximo é imprescindible para un servizo de calidade. Por eso, Tanatos Formación aposta pola relación de proximidade cos seus alumnos e alumnas.