Ciclistas de todas as idades participaron na segunda edición da Marcha Ciclista +BICI, que percorreu as rúas do Ensanche o día 15 de setembro para impulsar a convivencia entre ciclistas e automobilistas.
A marcha, cun trazado doado e tranquilo, partiu ás 10.30 da Praza Roxa, que acolleu tamén unha xincana de xogos ciclistas. O evento contou coa organización da Fundación Santiago Centro e o Club Ciclista Compostelano – Muebles Compostela coa colaboración do Concello de Santiago.