A innovación comercial, o turismo e un urbanismo sostible serán os eixos da conferencia Un novo futuro para o Ensanche, unha mesa redonda organizada por Santiago Centro, Área Comercial e Proxecto Em-Rede coa colaboración do Pazo de Raxoi, Deputación Provincial da Coruña e REDIC – Rede de dinamización comercial. A reunión levarase a cabo o martes 25 ás 20.00 horas no Centro Cívico do Ensanche.
Nela, o arquitecto Juan Caridad, o xornalista Cristóbal Ramírez e a coordinadora do estudo Nova estratexia comercial para o Ensanche, Elena Goyanes, exporán a súa visión sobre os pasos a dar para encarar o futuro da zona moderna de Compostela.