A Fundación Santiago Centro, Área Comercial volveu centrar a súa campaña de Nadal 2007 nunha acción con dous obxectivos: dinamizar o Ensanche e dar un servizo aos pais, facilitándolles a oportunidade de realizar as compras destas datas deixando aos nenos ben atendidos e pasándoo ben con actividades axeitadas á súa idade a ao seu gusto.