Nos últimos dous anos, as tendas reinventaron a súa maneira de vender. Como froito deste cambio, o 40% dos expertos cre que a experiencia nos locais é o máis importante á hora de crear o espazo. Doutra banda, seis de cada 10 profesionais opinan que introducir solucións tecnolóxicas é un dos primeiros criterios para o deseño dunha tenda, así como buscar experiencias envolventes tanto en liña como presencial. De feito, o deseño de interiores determina preto do 80% do éxito dun comercio. Segundo os expertos, o punto primordial no sector retail é crear espazos de exposición inmersivos, é dicir, que ofrezan novas motivacións para acudir ás tendas físicas, sobre todo tras a crise sanitaria que vivimos.

Vímolo en: https://financialfood.es/o-diseno-de-interiores-determina-o-79-do-exito-de-un-comercio/