• O Centro Comercial Aberto do Ensanche compostelán estrea a aplicación Santiago Centro VIP cun agasallo de benvida para os 200 primeiros inscritos
  • O importe pode gastarse nos comercios adheridos á aplicación

A asociación de comerciantes do Ensanche, Santiago Centro, dá un paso máis para achegarse ao público a través das novas tecnoloxías e pon en marcha unha aplicación de fidelización entre os seus clientes con importantes vantaxes. Trátase da app Santiago Centro Vip, dispoñible para ser descargada en IOS e Android, e coa que o cliente pode acumular interesantes descontos e canxear o seu saldo nos establecementos adheridos a esta iniciativa.

Co obxectivo de dar a coñecer a app e incentivar o seu uso, a asociación estrea unha campaña de outono que comeza o mércores 21 de setembro, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. A partir desta data, darse de alta en Santiago Centro Vip ten un premio de 10€ en saldo a gastar nos comercios que xa forman parte da aplicación. As duascentas primeiras persoas que realicen o seu rexistro ata o 31 de outubro recibirán automaticamente no seu perfil de usuario esta cantidade, a canxear dentro dese mesmo período no que dura a campaña.

Ademais deste agasallo de benvida, a través desta aplicación os usuarios poderán ir acumulando distintos descontos en cada compra que realicen nos comercios rexistrados na mesma. Na propia interfaz, cada persoa pode consultar cales son as ofertas e as vantaxes que lles ofrece cada establecemento cunha ampla variedade de áreas como a moda e os complementos; saúde e benestar; tecnoloxía e fogar; ou deportes, ocio e cultura.

A súa descarga implicará que os clientes estean ao día de todas as campañas que pon en marcha o comercio asociado a Santiago Centro e que moi pronto traerá de novo grandes premios.

PREME AQUÍ OU NA IMAXE PARA CONSULTAR AS BASES DA CAMPAÑA