Estamos a empezar a pasar dunha escaseza de oferta local en eCommerce (algo polo que Amazon daba pinchacarneiros no aire de pura felicidade) a un máis que probable exceso de oferta local en eCommerce (algo polo que Amazon dá triplo saltos mortais de felicidade, porque incorpora máis cliente á canle en liña no que é o rei). Nesta situación, que probablemente se consolide ao longo do 2021, só os que sexan capaces de facelo moi ben sobrevivirán. O artigo proporciona dez claves realistas para avanzar no comercio electrónico.