Os datos son arrepiantes desde o punto de vista do negocio e moi duros desde o punto de vista humano do emprego. E máis aló diso, basta con lembrar que alí onde hai comercio –e hostalería, outro ámbito fundamental do noso modelo de convivencia social– hai vida. A ausencia dun e outra, e este ano de pandemia de coronavirus foi un exemplo real, non unha distopía literaria, obriga a imaxinar que sería das nosas cidades e pobos se non houbese tendas a pé de rúa nin baixos ocupados coas súas luces e escaparates.