Armería Toribio é unha empresa familiar fundada en 1890 polo bisavó dos actuáis propietarios, que son a cuarta xeración de Toribio á fronte do negocio. Comezaron vendendo armas e máquinas de coser. Nos seus 125 anos de historia o establecemento foi evolucionando e incorporando produtos, aínda que sempre mantendo unha das súas liñas orixinais: a armería.
Na actualidade Toribio é un dos establecementos galegos con máis sona no campo das armas, distribuíndo algunhas das mellores marcas do mercado, como Beretta, Benelli, Hatsan, Cometa, Diana ou Verney-Carron.
A armería sen embargo non é a súa única actividade. Armería Toribio está ademais especializado en materiais deportivos vinculados cos deportes da caza e da pesca, ademais do sendeirismo e actividades na montaña.
A súa longa experiencia e o profundo coñecemento das actividades deportivas, fan dos irmáns Toribio os mellores coñecedores dos produtos á venda, e os mellores conselleiros á hora de equiparse.
Ademais da tenda física en Santiago de Compostela dispoñen tamén de venda por internet.