En España, os datos poñen de manifesto esta tendencia. Según o informe Shopping Index de Salesforce, as ventas online aumentaron un 67% durante o segundo trimestre do 2020. Con todo isto, en España aínda estamos 4 puntos porcentuais por debaixo da media global, sempre no período que vai de abril a xuño do presente ano. Sen dúbida, as cifras non fan máis que reafirmar a necesidade de que as pemes e os autónomos den o paso cara a dixitalización.
No citado informe, apórtanse algúns motivos, os ingresos que proveñen do comercio online continúan en crecemento; os datos apuntan a un aumento do 33% en termos de tráfico e dun 19,7% no que respecta ao gasto.
Vímolo en: https://cincodias.elpais.com/cincodias/2020/07/28/autonomos/1595970872_902442.html