O ticket dixital xa estaba en auxe e grandes firmas como Mango ou Zara levan moito tempo ofrecendo este servizo, pero as pequenas empresas quedaran atrás. Porén, o coronavirus acelerou o proceso de uso, xa que é outra forma de evitar o contacto físico. Ao solicitar o ticket dixital, o cliente non ten que tocar nada, o que mellora a seguridade no establecemento e reduce as posibilidades de contaxio. O mesmo ocorre coas devolucións, nas que só hai que mostrar ao móbil para facer calquera cambio.
Vímolo en: https://www.agecu.es/2020/07/la-revolucion-del-ticket-digital-evita-el-contacto-y-es-sostenible/